CHEGOU A HORA DA VERDADE

DESPOIS D'O CÓDIGO DA VINCI, VOLVE DAN BROWN.
VOLVE O ENIGMA.

Título: O SÍMBOLO PERDIDO

Autor: Dan Brown

ISBN: 978-84-7669-890-7

Paxinas: 672

PVP: 21,90€

O símbolo perdido comeza na capital dos Estados Unidos, Washington DC. Robert Langdon, profesor de simboloxía da Universidade de Harvard, chega á capital para impartir unha conferencia no edificio do Capitolio. Pouco despois de chegar, aparece no centro da Rotonda un obxecto desconcertante cifrado con cinco símbolos. Nesta enigmática inscrición Langdon recoñece axiña unha invitación atávica, unha chamada misteriosa que procede dun mundo esotérico e remoto.

Este descubrimento coincide co secuestro do principal mentor de Robert Langdon, Peter Solomon, filántropo e membro da masonería. Langdon comprende que ambos os feitos están relacionados e non ten máis remedio que aceptar o reto deste estraño misterio.

Langdon atópase de súpeto envolto nunha aventura que o obriga a descubrir o reverso da cidade e seguir os fíos que percorren as cámaras secretas, os túneles e os templos en que se agocha o poder máis arcano. Todo o que ata o momento lle parecera familiar convértese da noite á mañá nun mundo clandestino e escuro en que todo permaneceu coidadosamente oculto nun pasado de segredos masónicos e revelacións nunca vistas que parecen conducir a unha verdade inquietante e terrible.

Dan Brown teceu un magnífico tapiz de historias detrás do cal se agochan iconas arcaicas e códigos enigmáticos. El Aleph presenta en tradución ao galego unha das entregas editoriais máis agardadas dos últimos anos. O símbolo perdido é unha novela cargada de intriga que sorprende en cada capítulo. Porque, como finalmente descubrirá Robert Langdon, non hai segredo máis extraordinario ca aquel que nos descobre o que xa estaba á vista de todos.

Dan Brown é autor de O código Da Vinci e Anxos e demos, ambas publicadas en galego por El Aleph Editores. Os seus libros venderon millóns de exemplares en todo o mundo e foron levados ao cine. O símbolo perdido, primeira novela de Brown desde o estalido de O código Da Vinci, é unha das novelas máis agardadas dos últimos tempos.
www.elsimboloperdido.com
Aviso legal
diseño y programación Clickart